Curso de Formación en Matrimonio e Familia

 

Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Jokin de Irala, será o encargado de impartir a sexta xornada do Curso de formación en matrimonio e familia que organizan as dioceses galegas o 17 de xaneiro en Silleda

 

A responsabilidade da educación afectivo-sexual é dos pais e os lexisladores deberían garantirlles que poidan educar aos seus fillos segundo os seus valores”

 

O Dr. Irala tratará o tema de Sexualidade e bioética: a preparación dos mozos para o amor. A través desta entrevista achegámonos a algúns dos aspectos que se abordarán na xornada do vindeiro sábado, día 17 de xaneiro, en Silleda.

 

– Que papel teñen os pais e as nais na educación da sexualidade dos seus fillos?

– Pais e nais teñen un papel fundamental na educación afectivo-sexual dos seus fillos, porque son quen mellor os coñecen e porque desde o amor, a proximidade e o trato cotián pódese axudar mellor a un mozo a educar o seu carácter e prepararse para o amor. É unha tarefa complexa hoxe en día, porque a contorna máis ben está conseguindo que demasiados mozos sexan analfabetos afectivos que únicamente viven respondendo aos seus desexos. Por iso é importante que pais e nais actualicemos a nosa formación para estar mellor preparados á hora responder aos retos educativos actuais.

 

– Ás veces os pais non saben que dicir aos seus fillos, como poden os pais e nais actualizar e mellorar a súa formación?

– Coa lectura de textos actualizados e fundamentados na medicina baseada en evidencias, coa participación en escolas de pais, facendo cursos de formación presencial ou a través de cursos de formación on-line. A posibilidade de traballar con internet facilita as cousas. Agora estamos preparando un curso de formación desde a web www.educarhoy.org. É importante non quedarse en ideas xeneralizadas sen fundamento científico. O esforzo que supón dedicar tempo a mellorar a propia formación vese recompensado coa mellora nas relacións cos fillos que ven o noso interese por comprendelos e axudalos mellor.

 

– Que lle parece a obrigatoriedade de dar educación sexual na escola?

– O problema que pode ter este tipo de lexislación é que se pretenda impoñer formulacións do que debe ser a sexualidade e a reprodución humana sa que non teñan nada que ver coas evidencias científicas actuais sobre estas cuestións, senón que son cuestións absolutamente opinables e ata contrarias á ciencia. A responsabilidade da educación afectivo-sexual é dos pais e os lexisladores deberían garantirlles que poidan educar aos seus fillos segundo os seus valores, que todo o sistema educativo respecte a diversidade de conviccións existentes. Por exemplo, poderían colaborar cos pais axudándolles económicamente a organizarse libremente en asociacións civís ou escolas de pais.

 

– Como ve á mocidade de hoxe no terreo da sexualidade?

– A mocidade de hoxe é probablemente das mellor informadas con datos sobre sexualidade. Con todo, coexiste con gran decepción, dor e analfabetismo afectivo, sensación de infelicidade e fracaso en cuestións relacionadas co amor. Iso é o resultado de insistir demasiado nos aspectos biolóxicos da información sobre sexualidade sen axudar a desenvolverse como persoas sexuadas capaces de servir ao próximo, capaces de amar. Se a sexualidade se presenta simplemente como vehículo de pracer persoal e non como vehículo de encontro e amor, iso leva inevitablemente á infelicidade. Mozos de diferentes países demandan máis educación do carácter, preguntan que diferenzas hai entre o desexo e o amor, solicitan axuda para que poidan ser máis donos dos seus impulsos e afectos. Iso, aínda que non o chamen así, é educación do carácter.

 

– Hai espazo na Igrexa católica para verdades fundadas na ciencia e non no dogma, tratándose da sexualidade e a afectividad?

– Como científico eu afirmaría que non soamente «hai espazo» para as verdades fundadas na ciencia na Igrexa senón que estas verdades son imprescindibles tamén na Igrexa porque iluminan todo o que axuda ao ser humano na súa procura da verdade. A fe e a procura da verdade non son conceptos opostos senón complementarios.

 

– Son coñecidas as súas posturas a favor da vida pero, non é certo que se asumiu no campo científico por parte da OMS que o embrión é un ser vivo pero non unha vida humana, ata un determinado momento do proceso de xestación? Que nos pode dicir como Catedrático de Medicina Preventiva e como científico e investigador.

 

– Lamentablemente a Organización Mundial da Saúde non sempre fai declaracións baseadas en feitos científicos e é ben coñecido que tamén influíron, ás veces, os intereses tanto económicos como ideolóxicos. Os grupos de presión (lobbies) tamén tiveron certa influencia na OMS. Por iso como científicos sempre debemos manter o espírito crítico. A evidencia científica que sinala a fecundación como o período no que comeza o desenvolvemento dun ser (vivo), que é humano (a xulgar polas súas características biolóxicas e xenéticas), único e irrepetible (diferente do seu pai e da súa nai), e ata masculino e feminino (segundo que teña cromosomas XX ou XY) é francamente abafadora diga o que diga a OMS. Non hai ningún momento da xestación tan crucial e especial como a fecundación onde dúas células moribundas (óvulo e espermatozoide) por unirse dan a un ser humano que pode chegar aos oitenta anos. Todo o que ocorre despois é nutrición e desenvolvemento.