XIV Campamento Urbano de Cáritas. Do 21 ó 30 de Xullo

 

Campamento Urbano de Cáritas

  

    O Servicio de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo organiza un campamento na cidade de Lugo destinado a nenos e nenas entre 8 e 12 anos. Será entre os día 21 e 30 Xullo, no Colexio Divina Pastora – Salesianos, na praza da Milagrosa. O  HORARIO das actividades é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. O CENTRO DE INTERESE sobre o que xira o campamento é: Olimpiadas Tradicionais”, que será deselvolvido mediante diversas actividades: Xogos, obradoiros, saidas, festa…

 

    A idea de realizar un campamento urbano en Lugo xurdiu no ano 1993. O longo destes 14 anos, o Campamento sigue mantendo as súas características principais: Carácter EDUCATIVO das actividades do campamento; unha actividade en LUGO e para Lugo, co fin de coñoce-la cidade; proposta aberta á participación de TÓDOLOS CIDADÁNS que así  o desexen; GRATUITO

     Organiza: Cáritas Diocesana de Lugo, Departamento de Infancia e Xuventude. Colaboran:

– Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

– Xunta de Galicia

– Fundación Santa María

– Concello de Lugo

– Oficina de Prensa do Bispado de Lugo

– Asociación xuvenil Ateibo.