CONVERSAS CON 2008 EN LUGO

    A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Rede Lucense de Voluntariado integrada por diversas entidades, entre as que se atopa Cáritas Diocesana de Lugo, está programada unha conferencia que pronunciará na nosa cidade Enrique Martínez Reguera sobre infancia e xuventude en desvantaxe social. SERÁ O 24 DE MARZO (o luns á volta de Semana Santa), na sede da Fundación Caixa Galicia, ÁS 20:00 HORAS.
 

CONVERSAS CON 2008 EN LUGO
 
DATA: LUNS, 24 DE MARZO, ÁS 20 HORAS
 
LUGAR: SEDE FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
PRAZA SANTA MARÍA- LUGO
 
PONENTE: ENRIQUE MARTÍNEZ REGUERA
 
TÍTULO DA CONFERENCIA:

 

"40 ANOS DE PERCORRIDO CON MOZOS/AS EN DESVANTAXE SOCIAL"

 

 
ENRIQUE MARTÍNEZ REGUERA

 
    Enrique Martínez Reguera  nado en A Coruña en 1935. Filósofo, psicólogo e escritor. Educador de nenos e mozos en situación de exclusión. Pioneiro e loitador incansable en pro dos nenos, nenas, mozos e mozas en situación de marxinación. Cofundador da Escola de Marxinación de Madrid.
 
    40 anos aplicados a revisar a pedagoxía, 30 anos de intensa convivencia con mozos e mozas en desvantaxe… Dí que os rapaces foron o seu mellor profesor e de ahí, naceron as súas publicacións.
 
    Unha persoa moi coherente e comprometida coa realidade dos nenos e adolescentes en situación de exclusión. Unha persoa que comunica ca súa vida e escritos realidades que poucos se atreven a dicir e que nos fan reflexionar sobre a infancia e a xuventude desprotexida.

 

Os seus libros publicados:
                                                                                 La calle es de todos, 1982.
                                                                                  Cachorros de nadie, 1988.
                                                                                    Tiempo de coraje, 1996.
                                                                 Pedagogía para mal educados, 1999.
                                                        Cuando los políticos mecen la cuna, 2001.
                                                                               Troya Nagô (novela), 2002.
                                                                       De tanta rabia tanto cariño, 2005.
                                                                        Con los niños no se juega, 2007.

 
Outros datos:

 
    Estudos de Maxisterio 1957 e Licenciado en Filosofía, 1966.Psicólogo, 1968, colexiado en Madrid co nº 0062.Adicado á docencia: ensinanza primaria, secundaria e univesitaria, 1960/70. Director do Colexio Maior Universitario Pío XII de Madrid, 70/73. Fundador do Colectivo Promesa para nenos marxinados, 72.Trinta e cinco anos convivindo e traballando con nenos e mozos marxinados. Crea un Gabinete de Psicoloxía, especializada en inadaptación social, 72/… Experto en poboación xitana ca que convive do 73 al 83. Creador dos centros de Apoio ao Menor, 1975. Promotor dos seis primeiros Congresos Estatais sobre Inadaptación Social  de Menores, 75/80.Membro da Comisión de Codificación do Ministerio de xustiza, para o primer proxecto de Lei de Protección Xurídica do Menor, 1978. Fundador da Escola sobre Marxinación, Madrid 1977. Cofundador da Coordinadora de Barrios, local e estatal para atención de marxinados 1981. Conferenciante invitado pola Universidade Menéndez Pelayo, 1983. Profesor, o conferenciante, invitado polas Facultades de Psicoloxía, Dereito,  Pedagoxía, Medicina, etc., das Universidades de Salamanca, Madrid, Oviedo, Granada, Sevilla, Murcia, Comillas, Deusto, etc., 1980/… Conferenciante convidado, Foro da xuventude, Estrasburgo 1988. Universidade Fulmínense Brasil 2005, Universidade San Luís, Arxentina 2008, etc. Exdirector da Colección Al Margen de la Editorial Popular, 1987/2001. Máis de 200 cursos e conferencias sobre infancia e xuventude marxinal, durante os últimos 20 anos, en diversos países. Cofundador do Centro Alternativo de Información sobre a Infancia, 1992. Fundador de Edicións del Quilombo, 1996. Fundador da revista Canijín, especializada en Menores, 1993.Espazo semanal en Canal Sur Radio “Con los niños no se juega”. Escribe en diversas revistas.