Centenario de La Voz de la Verdad

Centenario de La Voz de la Verdad

O día 3 de outubro de 2010 LA VOZ DE LA VERDAD celebra o seu centenario co gallo da saída á rúa do periódico homónimo o 3 de outubro de 1910. Iniciarase a conmemoración coa presentación do libro Palabra que ten ás, un libro que rescata das páxinas do periódico La Voz de la Verdad poemas de Cabanillas, Noriega, Murguía, Amado Carballo, Iglesia Alvariño, Correa Calderón, etc. Trátase dun libro de cen páxinas, unha por cada ano, en edición numerada (editanse 250 exemplares), prologado por Darío Xohan Cabana e ilustrado por Anxo Barreiro. O libro, ademáis, é a primeira obra do sello editorial VOZESNAVOZ EDICIÓNS, que inicia con el a súa andadura. De seguido terá lugar un concerto de música titulado Músicas para un século co cal se pretende facer un percorrido por un século de historia da mán da música clásica dese tempo, e agasallar ós convidados e homenaxear ós que fixeron posible La Voz de la Verdad ó longo de cen anos. Correrá a cargo do cuarteto Música de estrellas. Pecharase a celebración cun brinde.