“Jesús es el Señor”, novo catecismo para os nenos


    O Delegado de Catequese da Diocese de Lugo, José Pérez Barreiro, presentou o novo catecismo da Conferencia Episcopal na asemblea que tivo lugar o sábado no colexio das MM. Josefinas. Asistiron a este encontro un centanar de educadores na fe das distintas parroquias de Lugo, así como de Sarria, Silleda, Lalín, Barralla e doutros puntos da Diocese. O bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidíu a Eucaristía ás 13h.
 
  Asemblea de Catequistas 

 O novo catecismo

"Jesús es el Señor', o catecismo do Conferencia Episcopal Española, foi presentado ás 12.30 h. ofrecéndoo aos catequistas de infancia como una oferta máis de entre os moitos recursos cos que conta esta delegación para utilizar cos nenos das súas parroquais. Os destinatarios deste catecismo son os nenos que acoden á catequese e teñen idade de participar por primeira vez no sacramento do Eucaristía (nos de 6 a 10 anos). Igualmente está dirixido ás familias, cos sacerdotes, aos catequistas e aos responsables da pastoral educativa no súa misión de transmitir a fe aos máis pequenos,

Esta catequese de infancia ten que ser unha catequese ao servicio da Iniciación Cristiá, é dicir, unha catequese concibida como parte do proceso polo que se nace á vida crístiá e que culmina cando se teñen recibido os tres sacramentos da Iniciación: Bautismo, Confirmación e Eucaristía. Mediante este itinerario o neno coñecerá a fe, adquirirá a linguaxe propia da mesma, exercitarase no oración, aprenderá a vivir segundo Cristo e será introducido paulatinamente nos responsabilidades propias da vida cristiá. Isto é, a catequese da iniciación ensina e contempla as catro dimensións da vida cristiá: coñecer, celebrar, orar e vivir a fe.

 

¿Por qué un novo catecismo?

O catecismo "Jesús es el Señor" non se pode considerar un catecismo radicalmente novo, senón un catecismo renovado a partir do anterior texto para estas mesmas idades, publicado en 1982, e tamén chamado "Jesús es el Señor". Os fitos que guiaron esta renovación foron fundamentalmente:

* A promulgación do Catecismo da Igrexa Católica en 1992, que supuxo un impulso para elaborar novos catecismos e revisar os existentes.

* As novas esixencias, dados os cambios sociais, culturais e relixiosos, no campo da evanxelización e da catequese,

Desta forma, a fe da Igrexa, que é a mesma onte, hoxe e sempre, é presentada aos nenos neste novo catecismo de forma íntegra e gradual, segundo o Catecismo da Igrexa Católica e en clave dunha auténtica iniciación Cristiá, acorde coas necesidades actuais.

Cabe destacar tamén que "Jesús es el Señor" forma parte do proxecto de renovación global de catecismos para a infancia e adolescencia, que é o seguinte:

·        "Los primeiros pasos en la fe. Despertar a la fe en la familia y en la parroquia" (2006). Texto para o espertar relixioso dos nenos.

·        "Jesús es el Señor" (2008). Para a iniciación sacramental.

·        "Esta es nuestra fe" (próxima publicación). Para o crecemento e primeira síntese de fe.

 

Estructura do catecismo

"Jesús es el Señor" consta de 44 temas, agrupados en 10 núcleos temáticos, que van percorrendo os artigos do Credo de forma ordenada:

1.                             O primeiro núcleo "A Igrexa e os cristiáns" é o orientado a facer unha presentación xerai da Igrexa e dos cristiáns, contidos nos que se profundizará de forma progresiva.

2.                             O segundo "Deus é noso Pai" e o terceiro núcleo "Xesús ven salvarnos" dedícanse ao anuncio de Deus Pai: a Creación, o amor salvador de Deus e a Historia da Salvación.