ACTIVIDADES PARA O VERÁN

verano 

   La llegada del verano rompe en muchos casos un ritmo de vida de trabajo diario. Las vacaciones  se nos presentan como un horizonte más o menos lejano y es necesario prepararlas para que se conviertan realmente en un tiempo de oportunidades nuevas y de momentos irrepetibles que no podemos dejar pasar sin más. El cambiar de actividad es lo que proponermos desde esta web para todos los que nos leen. Presentamos muchas actividades organizadas dentro y fuera de la Diócesis de Lugo, con una oferta muy variada también de temas: Bíblia, conciencia social, camino de Santiago, danza,  el mundo de las misiones… y un largo etcétera que nos habla de la variedad y riqueza de la Iglesia en gentes y en experiencia de vida. Las que recogemos aquí han sido recopiladas por nuestro compañero Manuel Varela a quien agradecemos este trabajo. Y a todos: Feliz Verano!

 


QUERES PROFUNDIZAR NA BIBLIA?

   A Facultade de Teoloxía de Granada organiza do 6 ó 10 de xullo un Curso Bíblico de Verán. Informan no teléfono 958 16 24 86 .  A editorial Verbo Divino ten preparados cursos bíblicos sobre temas específicos, un sobre Xesucristo, do 7 ó 11 de xullo e outro sobre as orixes do cristianismo, do 13 ó 18 de xullo. Serán en Dueñas, Palencia. Máis información no teléfono 948 555 632

 

Queres coñecer mellor a realidade social?

Curso sobre os límites do Estado organizado pola asociación Arela de Monforte

Relatores: Antón Negro, sacerdote da Diocese de Lugo e licenciado en Socioloxía.

Alfredo Losada, avogado.

Lugar: Baixo da parroquia de San Antonio, en Monforte de Lemos.

Datas e horario: día 27 de xuño, de dez da mañá ás oite e media da tarde.

O prezo son 5 euros (quen quede a comer).

Para inscribirse, chamar a: Norma Rodríguez (675 633 436)

 

XI Escola de Responsabilidade: Experiencias de Construcción Solidaria

Organizada por Arela do 16 ó 19 de Xullo no Colexio María Inmaculada de Silleda

Os temas que se tratarán son os seguintes:

– Aprendendo a descubrir, descubrir aprendendo

– A sociedade esixe movemento fronte á inercia do capital

– Política para o pobo e desde o pobo: reflexión e acción

– Economía solidaria e social

Para máis información ou inscrición, chamar a Marta: 605 141 231

 

Curso do “Foro Microutopías”: Formas especulativas actuais.

Do 6 ó 8 de Agosto. Organizado por: Acción Cultural Cristiá, ARELA, Promoción Solidaria e Solitec. arela@microutopias.org

 

A loita contra a fame e o dereito humano á alimentación

   É un curso organizado por Mans Unidas e a Universidade Complutense de Madrid, dentro dos coñecidos cursos de verán do Escorial. Concretamente será do 13 ó 17 de xullo.

 

A loita contra a pobreza nun mundo en crise. Hai solucións

   É un curso organizado tamén por Mans Unidas en colaboración nestes caso coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Será no Palacio da Magdalena de Santander, entre o 3 o 7 de agosto.

 

QUERES PEREGRINAR A SANTIAGO?

 

II Encontro Franciscano no Camiño de Santiago

– Obxectivos:

  • Encontrar a Cristo seguindo as pegadas de San Francisco de Asís

  • Encontrar xoves procedentes de toda Europa e compartir con eles a experiencia persoal de fe

  • Coñecer o Camiño de Santiago

  • Vivir e actualizar, oitocentos anos despois, os valores franciscanos para construír a Europa de hoxe

 Do 9 ó 15 de agosto, entre 250 e 300 xoves farán por etapas o Camiño de Santiago, con prolongación a Muxía. Haberá 5 grupos e cada grupo fará un tramo do Camiño. Para solicitar máis información, escribir un correo electrónico a: 2009santiago@gmail.com

 

Camiño de Santiago

   Entre o 17 e o 24 de xullo a Compañía de María invítanos a prescindir do supérfluo; camiñar sen présas, ó ritmo dos pasos de cada un. Os peregrinos deixaranse tocar por Deus, pola natureza, pola xente e pola propia vida. Para facelo Camiño de Santiago do 17 e o 24 de xullo, inscribirse no teléfono: 655 311 594

 

Queres danzar?

   Encontro: "Danza sagrada". A danza é un proceso de purificación e sanación porque en cada movemento xorde a profundidade do ser, o que hai en cada persoa. Do 28 ó 30 de agosto de 2009 en Cercedilla. Valoración económica: 190 Euros (inclúe pensión completa). Relator: Jesús Gallego. Información e inscricións: Luns e mércores de 10 a 19 horas no teléfono: 615 024 362

 

Unha experiencia de danza consciente. Bailando con Santa Teresa as mil danzas da vida.

   Do 29 xuño ó 3 de xullo. Encargada da curso: Leonor Araujo, Instituto Teresiano. Matrícula 60 € Aloxamento: 40 €/día (con pensión completa). Información e inscricións: Centro Internacional Teresiano – Sanjuanista – C/ Arroyo Vacas 3 – 05005 Ávila (España). Tel. 920 35 22 40 – Fax: 920 25 16 94. Web: www.citesavila.org; www.mistica.es

 

62 Semana de Misionoloxía en Burgos

   "A Misión en situacións de conflito" é o tema da 62 Semana Española de Misionoloxía que terá lugar en Burgos do 6 ao 10 do próximo mes de xullo. O arcebispo de Burgos, Mons. Francisco Gil Hellín, inaugurará este encontro misioneiro ás 19,00 horas do luns día 6 de xullo. A continuación Mons. Amadeo Rodríguez Magro, bispo de Plasencia e membro da Comisión Episcopal de Misións, desenvolverá o relatorio "A misión ad gentes: dinamismo da acción pastoral".

   A segunda xornada comezará ás 10,00 da mañá coa intervención de Eloy Bueno de la Fuente, da Facultade de Teoloxía de Burgos, co tema "É o Evanxeo fonte de conflitos?” Seguiralle Asunta Figueroa, misioneira laica de Ekumene na República Democrática do Congo, co tema "A misión entre conflitos étnicos e internacionais". Pola tarde, ás 17,00 horas, haberá dúas comunicacións: a primeira, da man de Irune Fernández López, presidenta nacional de Xuventudes Marianas Vicencianas, co tema "A misión entre os mozos”; e a segunda, co título "A animación misioneira en España desde o Servizo Conxunto de Animación Misioneira" que desenvolverá Hortensia García Alfonso, Misioneira de María Inmaculada e Santa Catalina de Siena (Misioneiras Lauritas).

   O mércores, 8 de xullo, Roberto Calvo Pérez, da Facultade de Teoloxía de Burgos, participará coa conferencia "O testemuño/martirio, dimensión constitutiva da evanxelización"; a continuación, Pilar Vila San Juan Sagnier, Relixiosa de Jesús María, falará sobre "Ser cristián en Paquistán"; e, a última intervención será da man de Jesús Ángel García, misioneiro Corazonista en Perú, sobre "A misión en ambientes de narcoterrorismo".

   A sesión do xoves comezará coa intervención de José María Rodríguez Redondo, sacerdote da diocese de Burgos, membro do IEME e misioneiro en Tailandia, co relatorio "A misión ante a indiferenza da cultura dominante"; a continuación, "A misión na tensión entre razas e culturas" que desenvolverá Mª Francisca Quella Castaño, da Compañía Misioneira do Sagrado Corazón, na India; e a última intervención da mañá estará a cargo de Rosario Garrido García, Servidora do Evanxeo da Misericordia de Deus, en Xapón, que falará sobre "A misión no conflito interior dunha sociedade entre a tradición e a modernidade". Pola tarde, Aitor Pastor, membro das Obras Misionais Pontificias e Delegado de Misións de Vitoria, falará aos participantes sobre "A animación misioneira entre os mozos". Pechará a cuarta xornada desta semana dedicada á misionoloxía, a intervención de Enrique Hernández, mozo laico da Delegación de Misións de Plasencia, sobre "A animación misioneira a nivel rexional: aportación das delegacións de Misións de Estremadura".

   O venres, 10 de xullo, último día desta cita misioneira, terá lugar ó comezo da mañá unha posta en común do traballo en grupos; a continuación, Susana Hernández, misioneira de OCASHA. Cristiáns co Sur, dará a conferencia "A misión entre os empobrecidos: bayetes de República Dominicana"; ás 12,00, Mons. Ramón del Hoyo, bispo de Xaén e Presidente da Comisión Episcopal de Misións, concluirá as xornadas coa conferencia "A instrución pastoral da Conferencia Episcopal: Actualidade da misión ad gentes en España".

   Todas as sesións celebraranse na Facultade de Teoloxía de Burgos.  Para máis información e inscricións poden porse en contacto coa Delegación Diocesana de Misións de Burgos: 947 201 004; e-mail: burgos@omp.es.

 

CURSO DE VERÁN: ESCOLA DE ANIMADORES PARA A MISIÓN

 

Encontros Misioneiros de Silos, Xornadas Nova Comunidade

   Do 11 ó 13 de agosto. ORGANIZA: Cristiáns sen fronteiras. No horizonte da Escola está a gran variedade de comunidades cristiás: Congregacións Relixiosas, Institutos Misioneiros, Delegacións de Misións, grupos laicais. A razón é moi sinxela: Porque a misión non se pode entender, sen unha referencia clara, dinamizadora da comunidade. Non hai misioneiros "por libre".

   A Escola busca ser unha axuda para a persoa, que na súa comunidade fai o posible para que nas institucións eclesiásticas e nos fieis se infunda o mesmo espírito de misión que tivo Cristo.

   A Escola está pensada para o ministerio de animador da misión na comunidade. Porque calquera comunidade cristiá, a túa comunidade concreta, necesita ser animada para a misión, por iso existe a Escola.

    Algunhas tarefas do Animador da comunidade para a misión:

– Ser profeta que denuncia a pasividade, e que chama á conversión.

– Ser buscador de novos camiños.

– Ser alento na comuñón para todos os que traballan polo Reino.

– Axuda a crecer á comunidade.

 

Impártense dous de dez días lectivos cada un con estas materias:

1.- O MUNDO QUE HAI QUE EVANXELIZAR

2.- A IGREXA QUE EVANXELIZA

A misión hoxe.

Aprendendo da historia da misión.

A Animación para a Misión

 ONDE SE IMPARTE O CURSO DE VERÁN En terreos do Mosteiro Benedictino de Silos. Estas instalacións permiten que o curso se realice nun clima de convivencia, nun marco privilexiado de natureza, arte e espiritualidade. Hai dúas modalidades: acampada ou durmindo en hostais ou casas do pobo, convivindo durante todo o día na acampada.

TITULACIÓN Unha vez feitos dous cursos de verán, participando nos Encontros presenciais e presentando a Memoria, se a persoa ten estudos superiores, outórgase o título que o capacita para ser Animador Misioneiro. De non ter estudos superiores, outórgase o título de Colaborador na animación misioneira.

Os títulos garanten a idoneidade para exercer este ministerio. En coherencia con toda a doutrina que sustenta a existencia da Escola, o ministerio de Animador só se pode recibir desde dentro da comunidade á que vai servir.

 

CURSOS SOBRE A FAMILIA

 

Mediación e resolución de conflictos: a mediación familiar

   Instituto de Ciencias para a Familia, Universidade de Navarra. 27 ó 30 de xullo de 2009.

A familia hoxe: situación, problemática e perspectivas

   Profesor: Javier Ros Codoñer. Do 6 ó 10 de xullo. Horario: Mañanas 09 a 14 h. Universidade Católica de Valencia Sede de Santa Úrsula. Rúa Guillem de Castro, 94. Valencia 46003

A familia solidaria, protagonista da educación

   Movemento Cultural Cristián Do 27 de xullo ó 1 de agosto . RESPONSABLES: Ana Solano, profesora de Saúde Pública da Universidade de Sevilla e Samuel Valderrey, educador e membro do equipo educativo da Escola Solidaria Iqbal Masih. Neste curso trátase de dar resposta a estas e outras preguntas:

Existe unha agresión planificada contra a familia?

Ten algo que ver a explotación laboral coa destrución da familia?

Por que se ataca á paternidade?

Por que nin os progres, nin os conservadores queren a familia militante e solidaria?

Por que o 31% dos mozos españois non remata a educación secundaria?

Que persoas está a formar o noso sistema educativo?

É posible unha educación para a solidariedade entre a nosa mocidade?

Queremos protagonizar a educación desde a familia asociada e solidaria?

– Porque o futuro da humanidade está na familia.

– Porque a familia é fonte de solidariedade

– Porque queremos unha educación solidaria.

– Porque as familias militantes foron testemuño de esperanza na historia.

– Porque para os empobrecidos a familia e a educación é cuestión de vida ou morte.

– Porque como pais e educadores necesitamos formarnos, contrastar e dialogar.

 

OUTROS CURSOS DO MOVEMENTO CULTURAL CRISTIÁN

 

   EXERCICIOS ESPIRITUAIS Do 20 ó 24 de xullo con Monseñor D. Damián Iguacén, Bispo emérito da Diocese de Santa Cruz de Tenerife. ASISTENTES: Todo bautizado que queira exporse o seu compromiso apostólico.

CURSO LAICOS PARA O SÉCULO XXI

   Do 27 de xullo ó 1 de agosto. RESPONSABLES: Jose Antonio Langa, doutor en matemáticas, pai de familia e militante cristián e Óscar Lavín, sacerdote diocesano de Santander e profesor de teoloxía. Este curso, Laicos para o século XXI, será sobre espiritualidade como o quefacer socio-político, cultural e económico de laicos e familias que desexan seguir a Cristo desde a encarnación nos pobres e para a transformación do mundo. Unha verdadeira primavera para a Igrexa que, como agasallo do Señor, está a acontecer entre nós.

CURSO DE CONVERSIÓN

   Do 2 ó 7 de agosto . RESPONSABLES: Javier Marijuán e Juan José Medina, militantes cristiáns e José Ramón Peláez, sacerdote diocesano. TEMAS: Situación do noso mundo, a mensaxe de Cristo como resposta, o ser humano, o amor de Deus, o que facer para transformar o mundo

CURSO DE FORMACIÓN POLÍTICA

   Do 25 ó 26 de xullo. RESPONSABLES: Javier Marijuán, avogado, e Carlos Llarandi, químico e educador. Militantes cristiáns. Farase unha análise da realidade social e haberá propostas para unha acción solidaria.

CURSO DE POLÍTICA: TRABALLO SOBRE CAPITAL

   Do 2 ó 7 de agosto. RESPONSABLES: Jesús Benítez, avogado e Rosario Torres, economista. Militantes do Movemento Cultural Cristián. "O traballo humano é a verdadeira fonte de riqueza na sociedade, non o capital, nin o Estado, nin a especulación financeira. Neste curso profundaremos no funcionamento do sistema político e económico inxusto e insolidario no que vivimos, para dispornos a combatelo e construír unha nova política, ao servizo do ben común, onde o traballo estea sempre por riba do capital".

CURSO NORTE-SUR: Solidariedade é compartir até o necesario para vivir

   Do 18 de agosto ás 17.00 h. ao 23 de agosto ás 22.00 h.  RESPONSABLES: Ester Moleón e Fernando Custa, militantes do Movemento Cultural Cristián. As nosas conciencias non poden tolerar nin un minuto máis a fame e a violencia no mundo. As nosas conciencias non están feitas para parches, están feitas para unirse ás loitas solidarias dos empobrecidos. E iso é o que se quere transmitir neste curso.

OUTROS CURSOS DO CENTRO INTERNACIONAL TERESIANO-SANJUANISTA DE ÁVILA E A UNIVERSIDADE DA MÍSTICA

  • 9 tarde-10 julio: Discernir lo sano e insano en la vida espiritual (Emma Martínez)
  • 11-14 julio: Jesús Mistagogo (Silvio Baez)
  • 15-16 julio (mañana): Principios Mistagógicos y antropológicos según Edith Stein (J. Sancho)
  • 17-18 julio: Acompañamiento mistagógico en Juan de la Cruz (Juan Antonio Marcos)
  • 20-28 julio: Spiritual Retreat: Curso teresiano ecuménico en inglés
  • 27 Julio-2 agosto: Ejercicios espirituales: Conocer y cultivar la vida interior – (Rómulo Cuartas Londoño ocd)
  • 3-9 agosto: Espiritualidad y mística en clave de mujer (M. José Mariño, cm) – matrícula 60€ – alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
  • 10-16 agosto: La experiencia del Dios amor. Un proyecto de vida según Santa Teresa de Lisieux (Rómulo Cuartas Londoño, ocd) – matrícula 60€ – alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
  • 17-23 agosto: Vivir la gratuidad del amor según San Juan de la Cruz – (José Vicente Rodríguez, ocd) – matrícula 60€ – alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
  • 24-30 agosto: La noche oscura de Teresa de Jesús. Crisol y pasión de la persona enamorada (Teresa Gil, stj) – matrícula 60€ – alojamiento: 40€/día (pensión completa)
  • 31 agosto – 6 septiembre: Vivir en las manos de Dios: temas de espiritualidad en Edith Stein. (Fco. Javier Sancho. ocd) – matrícula 60€ – alojamiento: 40€/día (pensióncompleta)
  • 9-13 septiembre: Iº Congreso Internacional: “La Biblia: el LIBRO de la Contemplación” – matrícula: 120€ – alojamiento: 42€/día (con pensión completa)
  • 30 septiembre-4 octubre: IIº Congreso Internacional Mística y Pensamiento: Hacia una comprensión integral de la persona humana. Edith Stein y su aportación al hombre contemporáneo. – matrícula 120€- alojamiento: 42€/día (con pensión completa)

 

INFORMACIÓN E INSCRIPCIONES: Tel. 920 35 22 40 – Fax: 920 25 16 94

CITeS – C/ Arroyo Vacas 3 – 05005 Ávila (España) Web: www.citesavila.org; www.mistica.es

 

A Universidade de Valencia organiza os seguintes cursos:

 

Socioloxía da Relixión na situación española 29 de xuño ó 1 de xullo

Diálogo Interrelixioso 6 – 8 de xullo

Papel das relixións na sociedade democrática e pluralista 13 – 15 de xullo

Relixión e Dereitos Humanos 20 – 22 de xullo

 

 

Ejercicios Espirituales Ejercicios de crecimiento espiritual.

   Comienzan la noche del día 2 y terminan después de comer del día 10 de xullo. Xavier Quinzá Lleó S.J. Localidad: Galapagar. Provincia: Madrid. Congregación: Institución Javeriana. Dirección: C/ Navalonguilla, 10. C.P.: 28260. Telfs: 91 85844 14 / 91 8584488. Fax: 91 858 1406. Correo electrónico: smariagalapagar@planalfa.es. Precio: 20 €

 

 

LA REHABILITACIÓN SOCIAL DE NUESTROS PRESOS: UNA TAREA COLECTIVA (especial referencia al caso gallego)

 

Salón de Grados da Facultade de Dereito.  Director: José Manuel Lorenzo Salgado Secretario: Javier Fernández Agrafojo

 

14 de julio

9:30 Recogida de documentación.10:00Presentación del curso.

10:15Conferencia: Ley Penitenciaria: presente y perspectivas de futuro.

José Luís de Castro, Juez de Vigilancia Penitenciaria de la Audiencia Nacional.

12:00 Testimonios: Historias de vida: juventud y prisiones.

Debate con un grupo de internos. Centro Penitenciario de Teixeiro.

16:00 Juventud y prisión en los centros penitenciarios gallegos. Descripción y análisis de los programas de Intervención.

Directores de los centros penitenciarios gallegos (pendiente de confirmar).

18:00 Teatro o actividad lúdica representada por internos de alguno de los centros de Galicia (pendiente de confirmar).

 

16 de julio

10:00 Mesa redonda: Las penas privativas de libertad: perspectivas penal y penitenciaria. José Manuel Lorenzo, moderador.

Fidel J. del Río Pardo e Javier San Claudio Piñón. Xuíces de Vix Penit

Emilio Cortés Bechiarelli. Profesor Titular de la Universidad de Extremadura.

12:30 El Proyecto Nelson Mandela: Programa de Preparación para la Libertad, dirigido a jóvenes penados.

Equipo del Plan de Inclusión Social del Consorcio de Inclusión Social de la Xunta

16:00 Mesa redonda: ¿Puede ser la cárcel un espacio educativo? La problemática del aprendizaje formal y no formal en el ámbito penitenciario.

Educadores y coordinadores de tiempo libre de los centros penitenciarios gallegos

18:15 Experiencias: La participación universitaria en Teixeiro, y El voluntariado intergeneracional de la Ciberaula de Vilalba.

 

17 de julio

10:00Y después de la cárcel,… qué?. Enrique Arnanz. Sociólogo.

12:00 Presas jóvenes. Concepción Yagüe. Subdtra Xral de Xestión Penitenciaria.

16:00 Cineforum: Cadena Perpetua, Frank Darabont, 1994.

Modera Antonio Boñar, crítico de cine de La Opinión.

19:00 Cineforum II.

 

18 de julio

10:00h: Política penitenciaria, ¿política social?. Mercedes Gallizo,

12:00Evaluación de las jornadas.

12:30 Clausura del curso