29 de maio: Día do Enfermo

  Pastoral da Saúde de Lugo entregará obsequios aos enfermos del Hula, residencias, hospitais e parroquias. O Domingo VI de Pascua a Igrexa española celebra a Pascua do enfermo. Co «Día do Enfermo» a Igrexa pretende tres cousas: Que valoremos ás persoas enfermas, anciás, como algo sacr;Que lles dediquemos tempo e agarimo como dedicou Xesús, e que a comunidade parroquial teña presentes nas súas oracións aos enfermos.

 É unha data preciosa para resaltar o «lugar preferencial» que os enfermos teñen no corazón do seu pastor cunha mostra de atención, un detalle na Misa. Tamén é un día para felicitar aos coidadores/visitadores de enfermos e persoas maiores pola súa axuda voluntaria e gratuíta. É unha boa ocasión para facilitar o «cumprimento pascual», levar a Comuñón a domicilio ou facer unha Celebración Comunitaria da Santa Unción.

 O coidado dos enfermos e persoas maiores é do máis crible que ten a Igrexa local e un dos traballos pastorais máis gratificantes.

Pastoral da Saúde de Lugo entregará obsequios aos enfermos e xa enviou un guión litúrxico aos párrocos.