27 de xaneiro – Infancia Misionera 2008: “Mans á obra”

  

Gonzalo Fraga

     Último domingo de xaneiro. Estamos ante unha nova xornada misioneira. Neste caso os protagonistas son os nenos, os nenos dos países de misión e os nenos dos países evanxelizados, ós que se lles invita a converterse en misioneiros.

     O lema fundacional desta Obra Misional Pontificia é: “Os nenos axudan ós nenos”. Con este propósito nace en 1843 e hoxe está presente en máis de 110 países.

    A través desta Obra incúlcaselle ós nenos que eles tamén poden ser “pequenos misioneiros”, como gustaba dicir Xoán Paulo II. Trátase, pois, de desenvolver nos nenos o compromiso misioneiro que nace da súa fe e do seu bautismo.

    Celebrar a Xornada da Infancia Misioneira non é unha oportunidade máis para recoller diñeiro para os nenos das misións. Non é ésta a súa principal finalidade, senón formar ós nenos na conciencia de que eles son parte dunha humanidade que sofre e á que temos o deber de axudar, evanxelizando e compartindo a nosa fe e os nosos bens con eles.

    Este ano desenvólvese a campaña baixo o lema: “Mans á obra”. Se abrimos os ollos á realidade da misión, onde o 60% dos nenos do mundo sofren grandes carencias; se sentimos no noso corazón o sufrimento e as carencias dos demais, non podemos quedar de brazos cruzados, hai que poñer “mans a obra”. A caridade e a solidariedade móstranse con feitos.

    Nesta xornada, aínda que os protagonistas son os nenos, non se nos oculta que a responsabilidade maior téñena todos os que traballan máis ou menos directamente na súa formación. Por iso esta Obra Pontificia agradece e fai unha chamada ós pais, profesores, catequistas, etc.

    A nosa diocese de Lugo, a través da Delegación Diocesana de Misións, canalizou 14.492 euros dos nenos e fieis da diocese para a causa misioneira da Infancia Misioneira. Os nenos do Terceiro Mundo seguen necesitando a nosa axuda material e espiritual. Sexamos xenerosos.

 

 Gonzalo Fraga Vázquez

 

Administrador Diocesano de Lugo

COMENTARIOS Y REFLEXIONES ACERCA DE ESTE DÍA (MP3)
(Del Programa Igrexa en Lugo, de COPE-LUGO)