27 de Noviembre. Vigilia por la Vida Naciente

Vigiliapor la Vida 

Participantes na Vixilia pola vida na Catedral de Lugo

O sábado 27 de novembro o papa Bieito XVI abríu o novo ano litúrxico coa celebración dunha “Vixilia pola vida nacente” na Basílica de San Pedro coincidindo coas Primeiras Vésperas do primeiro Domingo de Advento no marco da próxima solemnidade da Natividade do noso Señor Xesucristo. O papa pediu que todos os bispos diocesanos de cada igrexa particular presidan celebracións análogas e que involucren aos fieis nas súas respectivas parroquias, comunidades relixiosas, asociacións e movementos. É un chamamento que se enmarca dentro do que entendemos debe ser “la buena nueva de la vida humana que constituye en nuestros días una tarea urgente para los cristianos, llamados a ser los centinelas de un porvenir en el que el respeto y la defensa de la dignidad de todos sean el fundamento de la sociedad verdaderamente humana” (FAMILIA Y VIDA. ATENCIÓN ESPECIAL, TAREA URGENTE. Nota de la Subcomisión para la Familia y la Defensa de la Vida de la CEE. 29 de diciembre de 2002). Tarea na que a oración, como non podía ser doutro xeito, ten unha especial importancia. E que expresa tamén o noso compromiso como bautizados de acoller e anunciar a boa nova da familia e a vida: “Hemos de hacernos cargo del otro como persona confiada por Dios a nuestra responsabilidad… teniendo una preferencia especial por quien en más pobre, está solo y necesitado. El servicio de la caridad a la vida debe ser profundamente unitario: no se pueden tolerar unilateralidades y discriminaciones, porque la vida humana es sagrada e inviolable en todas sus fases y situaciones”. (Evangelium Vitae)

Vixilia pola vida

Vixilia pola Vida

 Desde a Delegación Diocesana de Pastoral Familiar organizaouse unha vixilia na Catedral de Lugo e animaorn a que se realizasen tamén vixilias noutros puntos da Diocese, uníndose así á iniciativa do Santo Pai. Se a oración pola vida é algo que se fai desde sempre na Igrexa, desde hai uns anos a CEE urxe a orar con máis intensidade iniciativas coma ésta son unha nova oportunidade para que as nosas parroquias, desde as comunidades relixiosas, as asociacións e os movementos aproveiten para orar, xunto a toda a Igrexa, pola "Vida Nacente".

Visitación

Na nosa diocese tamén se celebraron vixilias en:

S.I. CATEDRAL: 20:00h.
Presidida polo noso Bispo Mons. Alfonso Carasco Rouco.

LUGO: Parroquia San Antonio: 19:30h.

LUGO: Parroquia da Milagrosa: 19:30h.

SARRIA: Parroquia do Rosario 19:00h.

 

BARALLA: 19.00h.

 

MEIRA: 19:00h.

 

MELIDE: 19:00h.

LALÍN: 19:30. Rosario – 20:00h.STA. MISA e a continuación Exposición do Santísimo.

POBRA DE BROLLÓN: 17:30h. Rosario e exposición do Stmo. A continuación Sta. Misa