Envío de medicamentos a países necesitados

   Por medio da organización "Ayuda al Tercer Mundo, medicamentos", mándanse fármacos sobrantes de tratamentos médicos e pequeno instrumental clínico a países necesitados. Ós medicamentos deben quedarlles, polo menos, un ano de caducidade, e tanto frascos coma pomadas teñen que estar sen abrir.

   Para máis información sobre cómo facer chegar os medicamentos a esta organización, poden poñerse en contacto con Argimiro López Rivas, nos seguintes teléfonos, 982 22 01 00 e 629 73 22 40.