Día de San Froilán na Catedral de Lugo

 Ofrenda a San Froilán

Momento da cerimonia no que o  alcalde da cidade, José López Orozco, presenta á Ofrenda a San Froilán

 

 O bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidíu na Catedral a Eucaristía do día do patrón e invitou ó pobo lucense a “volver os ollos cara San Froilán para rememorar as fontes da nosa ledicia”. Recollendo as palabras do Evanxelio: “E a nós que o deixamos todo, que nos vas dar?”, o bispo lembrou que San Froilán tamén o deixou e traballou polos demáis, experimentando igualmente na súa vida a resposta do Señor ós seus apóstolos anunciándolles que nos dará o mellor na nosa vida, cen veces máis, e, ó final, a vida eterna.

     O bispo seguíu a recordar na súa homilía que San Froilán gañou o amor definitivo coñecendo o Evanxelio, coñecendo a Jesucristo: “Contra a consideración de Xesucristo naquela época, non coma Deus, senón coma home, excepcional sí, pero home a fin e o cabo, San Froilán coñeceuno e anunciouno como Deus que é Pai. Poder pensar en Deus como Pai fáino así irmán dos que percorren o camino con nós neste mundo”. Se ben esta é unha realidade moi actual na nosa sociedade tamén o é outro dos temas tratados nesta exhortación, a necesidade de acoller ós inmigrantes: “-Ninguén nos será así estranxeiro; ningunha criatura do mundo é estranxeira nin descoñecida para min-. Así o dicía San Froilán, recollendo palabras de San Pablo e así o debemos afirmar tamén nós nos nosos días: Debemos ser servidores de todos e sentirnos irmáns dos estranxeiros que cada que máis se achegan ó noso lado e viven ó noso lado”.

      San Froilán –sería a recalcar D. Alfonso, “soubo ter fe amar ó próximo e cointruir. O que herdamos é bon. O que rebibimos dos nosos pais, o noso pasado… e tamén temos futuro, sabemos quen somo e cara onde imos. Iso é o que fai feliz a una persoa. Sin medo a ningún inimigo, confiando en Deus”. E finalizou pedíndolle a San Froilán bendicións para o pobo de Lugo, no día da Ofrenda ó patrono da cidade.