Ante a celebración o 14 de xuño da Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Sacramento en Lugo

Sen recibir o día 11 de xuño confirmación oficial da súa asistencia á celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Sacramento por parte de varias das cidades participantes, e entre elas Santiago de Compostela, a quen correspondía facela este ano, presentará a Ofrenda a cidade de Mondoñedo, que xa confirmou a súa asistencia. A partir do próximo ano recuperarase a quenda tradicional.

 

A Diocese deLugo confía que unha boa comprensión do que significa a laicidade, permita que as institucións civís, que nos representan a todos, sigan estando presentes, promovendo así unha das mellores expresións da vida do pobo galego.